Albrecht Altdorfer

''A batalla de Alexandre'', 1529 miniatura|esquerda|''A batalla de Alexandre'', 1529 Albrecht Altdorfer, nado en Ratisbona c. 1480 e finado na mesma cidade en 1538, foi un pintor alemán, líder da escola do Danubio no sur de Alemaña, contemporáneo de Albrecht Dürer. Foi pintor de temas relixiosos e mitolóxicos, famoso tamén por pintar paisaxes pola súa fermosura e non como ilustración de ningunha historia ou parábola, quizais o primeiro pintor europeo en colocar a paisaxe como motivo autónomo, como centro do seu traballo.

As paisaxes de Altdorfer adoitan ser verticais, como ''A batalla de Alexandre en Issos'' (1529, Múnic). Esta extraordinaria pintura mostra unha vista no sur do Mediterráneo, cunha masa de figuras nunha grande batalla en primeiro plano. Os combatentes están en Issos, na Turquía moderna, pero a vista se esténdese alén de Chipre até a costa de Exipto, península do Sinaí e o Mar Vermello. Orixinalmente formaba parte dun conxunto de pinturas históricas con mesmo formato.

''A batalla de Alexandre en Issos'' está considerada como a súa obra mestra; co pretexto de representar a vitoria de Alexandre sobre Darío ilustra unha visión do mundo radicalmente nova, un novo tipoloxía pictórica chamada Paisaxe do mundo.

As pinturas de Altdorfer fanse eco dos descubrimentos de Nicolao Copérnico, presentado pola primeira volta un mundo no que o Sol ocupa o lugar da Terra como centro do Universo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Altdorfer, Albrecht', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
1