David Hockney

David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX.

O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.

O 15 de novembro de 2018 a súa obra ''Portrait of an artist (Pool with two figures)'' foi vendida na casa de poxas Christie's en Nova York por 90,3 millóns de dólares, sendo a cifra máis alta que se pagou por unha obra de arte dun artista vivo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Hockney, David', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
1