Michelangelo

260x260px Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana), e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.

Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos.

Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: ''Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori'', de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído, e a ''Vita de Michelangelo Buonarroti'', escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti. Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".

O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle:

}}

Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo. A escultura, segundo declarara, era a súa arte predilecta e a primeira á que se dedicou. Entre as súas moitas esculturas cóntanse a ''Piedade'' e o ''David'', tamén elas sublimes obras mestras, e maila ''Virxe'', o ''Baco'', ''o Moisés'', a ''Raquel'', a ''Lea'', e estatuas de membros da familia Medici.

A continuación, a pintura, case como unha imposición por parte do papa Xulio II, e que se concretou nunha obra excepcional e magnífica: os frescos da bóveda da capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental; e tamén polo ''Xuízo final'', e o ''A crucifixión de San Pedro'' e a ''Conversión de San Paulo'' na capela Paulina do Vaticano.

Xa nos seus últimos anos dedicouse a diversos proxectos arquitectónicos entre os que destaca a continuación dos traballos da Basílica de San Pedro do Vaticano e foi el quen concibiu a súa maxestosa cúpula. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Michelangelo Buonarroti', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
1
Outros autores: ...Michelangelo Buonarroti...
Artigo
2
Publicado 1906
Outros autores: ...Michelangelo Buonarroti...
Libro
3
Publicado 1904
Outros autores: ...Michelangelo Buonarroti...
Libro