Rudolf Arnheim

Unha descrición abstracta da Imaxe e as súas funcións como Cadros, Sinais e Símbolos desde o libro "Pensamento Visuafl" por Rudolf Arnheim. Esta visualización representa o [[affordance Rudolf Arnheim, nado en Berlín o 15 de xullo de 1904 e finado o 9 de xuño de 2007, foi un autor de orixe alemá, teórico do cine e da arte e psicólogo perceptual. Aprendeu psicoloxía da Gestalt como alumno de Max Wertheimer e Wolfgang Köhler na Universidade de Berlín e aplicouno á arte. A súa obra magna foi ''Arte e Percepción Visual: Unha psicoloxía do ollo criativo'' (''Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye,'' 1954). Outros libros importantes escritos por Arnheim son ''Pensamento Visual'' (''Visual Thinking,'' 1969), e ''O Poder do Centro: Un Estudo de Composición nas Artes Visuais'' (''The Power of the Center: A Study of Composition in the Visual Arts,'' 1982). ''A arte e a percepción Visual'' foi revisado, ampliado e publicado como versión nova en 1974, e foi traducido a catorce linguas. Viviu en Alemaña, Italia, Inglaterra e os Estados Unidos, onde ensinou no Sarah Lawrence College, na Universidade de Harvard, e na Universidade de Míchigan. O seu traballlo influíu moito na historia da arte e na psicoloxía en América.

En ''Art and Visual Perception'', Arnheim tenta utilizar a ciencia para entender mellor a arte. No seu libro posterior ''Visual Thinking'', Arnheim analiza a suposición de que a linguaxe "vai antes" da percepción. Para Arnheim, o acceso único a realidade que temos é polos nosos sentidos. Arnheim tamén argumenta que a sensación é fortemente identificada co pensamento, e que a expresión artística é outro xeito de razoamento. En ''The Power of the Center'', Arnheim sitúa a interacción de arte e arquitectura en concéntricos e enreixados patróns espaciais. Argumenta que a forma e o contido son indivisibles, e que os patróns creados polos artistas revelan a natureza de experiencia humana. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 5 results of 5 for search 'Arnheim, Rudolf', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
1
por Arnheim, Rudolf
Publicado 1979
Outros autores: ...Arnheim, Rudolf...
Inhaltsverzeichnis
Libro
2
por Arnheim, Rudolf
Publicado 2000
Outros autores: ...Arnheim, Rudolf...
Inhaltsverzeichnis
Libro
3
por Arnheim, Rudolf
Publicado 2001
Outros autores: ...Arnheim, Rudolf...
Inhaltsverzeichnis
Libro
4
por Arnheim, Rudolf
Publicado 1980
Outros autores: ...Arnheim, Rudolf...
Libro
5
por Arnheim, Rudolf
Publicado 1991
Outros autores: ...Arnheim, Rudolf...
Inhaltsverzeichnis
Libro