Giorgio Vasari

Giorgio Vasari. Giorgio Vasari, nado en Arezzo o 30 de xullo de 1511 e finado en Florencia o 27 de xuño de 1574, foi un escritor, pintor e arquitecto italiano. Nacido nunha familia modesta, foi autor dunha aprezada escolma biográfica titulada ''Vida dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos'' (''Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori'') (1560-1570). Esta obra ten importancia, pois nela puxo as bases das primeiras aproximacións metodolóxicas da Historia da arte.

A partir de 1553 traballa na corte dos Medicis en Florencia e funda a Academia de debuxo en 1562. En 1564, proxecta, sempre en Florencia, o "corredor" que une o Palazzo Vecchio co Pazo Pitti, que constrúe en 5 meses, baixo encargo de Cosme I. Permitiu que os Médicis circulasen sen baixar á rúa para atravesar o Arno pola Ponte Vella (Ponte Vecchio), cheo de admirábeis cadros (moitos autorretratos). Realizaría amais a reforma de Santa Maria Novella. En 1574 comezou a decoración da cúpula de Santa Maria del Fiore, a catedral florentina, realizando as figuras próximas á lanterna, pero a súa morte fixo que a obra fose rematada por Federico Zuccaro. Fóra de Florencia, traballou en Pistoia (Santa María da Humildade) e Pisa (pazo dos Cabaleiros de Santo Estevo). Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Vasari, Giorgio', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
1
Libro
2
por Vasari, Giorgio
Publicado 2009
Inhaltsverzeichnis
Libro