A súa procura - Metropolitan Museum of Art - Non coincide ningún recurso.
Metropolitan Museum of Art
![Recepción en 681 Fifth Avenue, 20 de febreiro de 1872; gravado en madeira publicado en ''[[Frank Leslie's Weekly](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/ba/Metropolitan_opening_reception.jpg)
| País =
| Cidade =
Nova York
| Tipo =
| Administrador =
| Director =
| Construción =
| Inauguración =
| Superficie =
| Visitantes = 6 479 548 (2019)
| Web =
}}
O
Metropolitan Museum of Art (
Museo Metropolitano de Arte) da cidade de
Nova York, coloquialmente "
The MET", é o maior museo de arte dos
EUA. Con 6 479 548 visitantes nas súas tres sedes en 2019, foi o cuarto museo de arte máis visitado do mundo. A súa colección permanente contén máis de 2 millóns de obras divididas en 17 departamentos. O edificio principal, no número 1000 da
Quinta Avenida, ao longo da
Museum Mile no bordo oriental de
Central Park no
Upper East Side de
Manhattan, é unha das galerías de arte maiores do mundo. Un segundo lugar moito máis pequeno,
The Cloisters en
Fort Tryon Park en
Upper Manhattan, contén unha extensa colección de arte, arquitectura e obxectos da Europa medieval. O 18 de marzo de 2016, o museo abriu o
Met Breuer na
avenida Madison no Upper East Side, que ampliou o programa de arte moderna e contemporánea.
A colección permanente consta de obras de arte da antigüidade clásica e do Antigo Exipto, pinturas e esculturas de case todos os mestres europeos e unha extensa colección de arte moderna e americana. O MET posúe grandes coleccións de arte africana, asiática, oceánica, bizantina e islámica. Tamén alberga coleccións enciclopédicas de instrumentos musicais, traxes e accesorios, así como armas e armaduras antigas de todo o mundo. Nas súas galerías están instalados varios interiores notables, desde a Roma do século I ata o moderno deseño americano.
O Metropolitan Museum of Art fundouse en 1870 co propósito de achegar a arte e a educación artística ao pobo estadounidense. O edificio da Quinta Avenida abriuse o 20 de febreiro de 1872, no número 681.
Provided by Wikipedia