Neues Museum

|País=|Cidade=Berlín|Tipo=Museo de historia e arqueoloxía|Inauguración=|Construción=1855|Web=[http://www.smb.museum/museen-und-einrichtungen/neues-museum/home.html www.smb.museum]}}

O Neues Museum (en galego ''Novo Museo'') está situado detrás do Altes Museum (''Museo Antigo''), na Illa dos Museos de Berlín. Foi construído entre 1843 e 1855, segundo os plans de Friedrich August Stüler, discípulo de Karl Friedrich Schinkel. O museo resultou seriamente danado durante a segunda guerra mundial (nalgunhas áreas, só se conservaron os muros exteriores), foi reconstruído anos despois e reaberto en outubro de 2009.

Foi o segundo museo que se construíu na Illa dos Museos, sendo destinado como unha extensión para albergar as coleccións que non se puideron expoñer no Museo Altes. Entre estas estaban modelos de xeso, obxectos procedentes do antigo Exipto, coleccións históricas e prehistóricas (''Museum der vaterländischen Altertümer''), unha colección etnográfica e varios gravados (''Kupferstichkabinett'').

O museo é un fiel expoñente da arquitectura neoclásica do século XIX. Cos seus novos métodos de construción industrializados e sendo un dos primeiros edificios en utilizar o aceiro na súa estrutura, sendo un fito importante na historia da tecnoloxía. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Neues Museum', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
1
por Hamm, Oliver G.
Publicado 2009
...Neues Museum...
Inhaltsverzeichnis
Libro