Peter Paul Rubens

''Retrato ecuestre do duque de Lerma'', 1603, [[Museo do Prado Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.

Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O ''Rei Planeta'' é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 156 for search 'Rubens, Peter Paul', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
1
2
kostenfrei
Volltext
Online Resource Fotografía Libro
3
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2014
Inhaltsverzeichnis
Libro
4
5
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2019
Inhaltsverzeichnis
Libro
6
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2014
Volltext
Online Resource Libro
7
por Rubens, Peter Paul
Publicado 1938
Libro
9
por Rubens, Peter Paul
Publicado 1905
Libro
10
por Rubens, Peter Paul
Publicado 1977
Inhaltsverzeichnis
Libro
11
por Rubens, Peter Paul
Publicado 1971
Libro
12
por Rubens, Peter Paul
Publicado 1971
Libro
13
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2018
Inhaltsverzeichnis
TOC
TOC
Libro
14
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2017
Libro
15
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2017
Inhaltsverzeichnis
Libro
16
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2016
Inhaltsverzeichnis
Libro
17
por Rubens, Peter Paul
Publicado 2017
Inhaltstext
Inhaltsverzeichnis
Inhaltsbeschreibung
Libro
18
por Rubens, Peter Paul, Davis, Lucy
Publicado 2020
Outros autores: ...Rubens, Peter Paul...
Inhaltsverzeichnis
Libro
19
por Rubens, Peter Paul, Balis, Arnout
Publicado 2021
Inhaltstext
Inhaltsverzeichnis
Libro
20
Libro